martes, 28 de junio de 2016

ATA VERNOS!

Ai que ver como pasa o tempo! E, soe dicirse, que cando pasa así de rápido é porque se está ben! 
Porque sí, nenos e nenas, sodes xeniais e foi un pracer ser a vosa mestra estes dous anos! Un super bico para todos vós. 
















Para min un pracer compartir estos dous anos convosco, tendo así a oportunidade de crecer e aprender xuntos, de vivir unha etapa tan importante e de compartir tantas experiencias que espero non esquezades, porque eu non o farei. Moitísimos bicos e moita sorte bichiños.













jueves, 9 de junio de 2016

EXCURSIÓN FINAL DE CURSO!

Outro curso máis está a rematar...como pasa o tempo! Se parece que foi onte cando estabades acabados de chegar de Infantil...
En resume, isto chega ao seu fin e, como todo bo curso que se precie, tiña que haber unha excursión á altura. Aínda que o listón estaba moi alto, creo que o pasamos moi ben! Decídeme se me equivoco, pero as fotos non minten :)




















domingo, 29 de mayo de 2016

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

Boas neniñ@s, a pasada semana fomos ao Museo de Pontevedra. Foi unha actividade na que considero que aprendemos moito sobre artistas da nosa cidade e, tamén, sobre outros que quedaron namorados dela e decidiron pintala.



Cando queirades, podedes levar aos vosos papás e mamás e facerlles de guías. Agora é o voso turno!




CELEBRAMOS AS LETRAS

Ola nenos e nenas,

Como xa sabedes, durante todo o mes de maio estivemos traballando ao poeta homenaxeado este ano polas Letras Galegas, a Manuel María! Toda a escola fomos a uns concertos musicais dirixidos polo profe de música, Gonzalo, no que se combinaban os distintos ritmos feitos polo alumnado con estrofas de poemas do autor homenaxeado pertencentes ao libro "Os soños na gaiola". Ata incluso se fixo unha pequena homenaxe a David Bowie!



Ademais, este ano decidimos celebrar unha carreira de carrilanas! Estas foron feitas polos maiores do centro e eles ían ser tamén os seus pilotos caricaturizados de poetas do Rexurdimento. En total, eran 6: Valentín Lamas Carvajal, Castelao, Rosalía de Castro, Manuel María, Curros Enríquez e Eduardo Pondal.
Previamente, cada clase traballou a cada un dos autores e logo fixemos un mural expositor. A nos tocounos traballar a Rosalía de Castro.








 E, por fin, chegou o día da carreira! Todos listos para animar!







 Cada clase animando a súa carrilana!









Ata pronto!